Segunda proposta de RPT da Consellería de Política Social
Onte mércores, 6 de Xullo, coñecemos a segunda proposta da Administración para a modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Política Social.
Entre outros postos que modifican da anterior proposta está o da praza de arquiveiro/a do Arquivo Central. Deste xeito, a praza que en principio ía ser A2 (18) pasa a dotarse como A1 (20).
O motivo desa modificación vén dada porque a categoría da antiga praza de Documentalista (Laboral grupo I) ten o seu paralelismo co grupo A1 de funcionarios e polo feito de que a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, establece que cada consellería disporá dun arquivo central ao fronte do cal estará un técnico/a superior de arquivos.
A praza en principio ofertase así:
PS.C02.00.000.15770.090 | TÉCNICO/A SUPERIOR DE ARQUIVOS | 20 | 6.144,36 | C | A1 | ESPECIAL | AXG | 961 |