¿Quen somos?
A Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia (APTAX) é unha entidade sindical fundada en 2012 para defender os intereses profesionais dos traballadores arquiveiros da Administración autonómica galega.
A Asociación está integrada por persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, (grupo A1), e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo A2), especialidade de arquivos e por persoal laboral arquiveiro da Xunta de Galicia.
Os principais fins da Asociación son os seguintes:
a) A representación, xestión, defensa e fomento dos intereses económico sociais e profesionais dos seus membros.
b) O fomento da solidadariedade, comunicación e relacións entre os asociados, mediante a oportuna información e intercomunicación.
c) A colaboración coa Administración para os efectos de determinar as condicións máis axeitadas para a prestación dos seus servizos así como para a elaboración das disposicións que afecten a estes empregados públicos, a través da súa participación nas tarefas dos órganos correspondentes.
d) A representación e defensa dos intereses profesionais dos seus membros ante a Administración Pública.
e) Promover a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional dos asociados.
f) A administración e disposición dos propios recursos orzamentarios ou patrimoniais e a súa aplicación aos fins e actividades propios da Asociación.
g) Calquera outra función que redunde en beneficio dos seus afiliados e, en xeral, todos aqueles fins que se acorden pola Asemblea Xeral, dentro dos límites establecidos polas disposicións vixentes e os Estatutos da Asociación.